miércoles, 20 de febrero de 2013

Resumo da tesis galega de Colón


Pontevedra, única cidade do mundo con probas documentais e con monumentos que demostran a orixe galega de Colón. A primeira tesis foi de Celso García de la Riega, que encontrou a súa cuna, en Poio en 1898; e no 1991 sería confirmada por Alfonso Philippot identificando ao persoeiro como Pedro Madruga. Hoxe está fora de toda dúbida, ainda que non admitido oficialmente, pero xa falta moi pouco, según se extende a información verdadeira entre os expertos. Esa información, a modo de resumo,  é esta:


Naceu en Poio, entre os "Colón" (descendientes dos corsarios vascofranceses Coullon).  Era fillo bastardo do nobre Fernan Eannes de Soutomaior, que o manda  estudar a Santo Domingo de Tuy para arzobispo, e o recoñece legalmente como Pedro Fernandez Eanes de Soutomaior, mais coñecido por Pedro Madruga, o nobre mais importante do medievo galego.
Cásase cunha nobre portuguesa, Teresa de Távora, que é curmá da futura muller de Colón (Felipa Muniz de Perestrello). Logo, ¡Colón era primo político de Pedro Madruga!  Ambos están casados con dúas curmás entre si, pero en realidade ¡son o mesmo persoeiro! en etapas distintas.
Herda ao seu irmán e loita primeiro contra os Irmandiños e logo contra os Reis Católicos, tratando de anexionar Castela a Portugal, ao servizo de Alfonso V de Portugal, que lle nomea Conde de Caminha. Sitúase a favor de Xoana á Beltranexa, lexítima herdeira de Castela. 

Perdida a guerra contra os RRCC, fuxe a Portugal onde se refuxia entre a familia da súa muller Teresa de Távora, e alí concibe o seu proxecto oceánico ao mesmo tempo que desposa á curmá desta Felipa Mouniz. Logo, retorna a Castela pra recupera-las súas posesións baixo a identidade da súa infancia, como Cristóbal Pedro de Colón. Os reis católicos obríganlle a permanecer baixo esa nova identidade e Madruga  desaparecerá para sempre... pero algúns citano coma vivo ainda anos  despois. De feito, Colón descobre as Indias con 60 anos, e morre tan só 14 anos despois, cando tiña 74 anos.
Por outra banda, a nao Santa María chamábase en realidade "A Galega", en honor á patroa de Pontevedra, lugar onde se construíu tal como descubriu García de la Riega. Pertencía a Xoan dá Coxa (Juan de la Coja, mal traducido por de la Cosa), e a tripulación e o seu fletamento fíxose tamén en Pontevedra, o que demostra que el tamén era de alí, do porto de Santa María de Pontevedra, e non do de Cádiz, como algúns creen por descoñecemento, e sobre todo polo borrón que da historia de Galicia fixeron os RR.CC.

Colón non falaba italiano, senón só castelán, pero con xiros e léxico típicamente galegos, que interesadamente foron confundidos con lusismos.
Escribiu máis de 500 términos propiamente galegos: abalar, abalumando, agardando, agora, despois, arriscada, asesar, boy, crimes, debusar, espeto, fagades, falar, fame, forza, forno, mercar, moa, perigos, porén, maisí, turboada, vento, ventre, vimbios... “que non sinte fame nyn séde” “desque saliron de Egipto”... Toponimia: Colón bautizou en América mais de 100 lugares con nomes exclusivos de Galicia como Punta Muros, Punta Lanzada, Río Miño, Rio Xallas, illa Santiago, Porto da Gloria, Mar de Santo Tomé, Cambados, Punta Tolete, Punta Maisí, Portosanto, San Salvador, Concepción e ¡Casa dá Crus! (a mesma que está en Poio e onde naceu) Bautiza no mesmo orde xeográfica e de tres en tres, tal como se atopan tamén nas rias Baixas: “Mar de Santo Tomé, Punta dos hermanas e Isla de las Ratas” que se atopan un tras outro na ría de Arousa, Punta Santa, isla del Gallo e punta do Arenal que se ubican na ría de Vigo, “punta perna, punta Lanzada e punta Aguda” que están nas illas Cíes... etc, etc


Madruga fuxe a Portugal e casualmente xusto aparece tamén alí Colón, tras un naufraxio no cal participaba Madruga xunto aos piratas Coullón. Anos despois retorna a Castilla a recuperar as súas propiedades, e xusto aparece tamén alí Colón. Están nos mesmos sitios ao mesmo tempo esperando audiencia real. Hai documentos históricos de todo isto! (Vasco da Ponte -Alba de Tormes)
O italiano Toscanelli considéralle portugués, xa que Colón necesita tradutor para escribirlle en italiano. Colón pide sempre axuda aos familiares nobres de Pedro Madruga como Diego de Deza (comarca de Silleda), e o Cardeal Mendoza estaban entroncados cos Soutomaior como demostrou o descubridor da verdadeira identidade, Alfonso Philippot Abeledo. Colón recoñece ante o seu fillo Diego que ¡ten polo menos 9 irmáns máis! (Pedro Madruga tiña 9 fillos) Os fillos de Colón benefician aos de Pedro Madruga entregando Porto Rico a Cristóbal de Soutomaior. Os fillos de Madruga compartían nome cos de Colón, o cal era algo habitual entón, para legitimar os do segundo matrimonio. Lucio Marineo, contemporáneo confesor dos reis, chámalle Pedro Colón.

O seu fillo di que “limou” o seu apelido. Ben, pois en Santa María a Maior de Pontevedra aparece  escrito Collón, cunha “l”borrada porque era “cojón” en galego! Esa é a explicación do “ovo” de Colón e de por qué limou o seu apelido!
Alesandro Gerardine, 1er. Bispo de Santo Domingo (Sta. María la Menor) di que antes estivera en Galicia. Colón celebra con salvas e festa do 18 de decembro de 1492. Ese é o día da patroa do porto de Santa María a Maior de Pontevedra.
Colón e Madruga ata comparten inimigos: os Fonseca. Colón impartía os mesmos castigos en América que Pedro Madruga en Galicia.

A firma de Colón é un enigma resolto xa tamén por A. Philippot. Contén as iniciais dos apelidos de bisavós, avós e pai de Pedro Madruga. Xpo FER-ENS significa: Cristobal Pedro Fernandez Eanes. Philippot descobre os 4 almirantes da súa familia: Alonso Jofre Tenorio, Paio Gómez Charino, Diego Hurtado de Mendoza e Álvaro Páez. A escritura de ambos coincide como un calco dixeron os peritos calígrafos (María Teresa Torres Legarreta) A Colón entérrano primeiro en Valladolid, na mesma capela que fora enterrado o pai de ¡Pedro Madruga!

Os descendientes de Colón (Duques de Veragua) herdan unha leira en Portosanto de Poio, “La Puntada” que foi vendida o 5 de Maio de 1796. ¿Por que herdan unha leira xunto á Casa dá Crus onde a tradición di que naceu Colón?  Xeracións de descendientes colaterales do almirante Cristóbal Colón residen en Pontevedra durante os séculos XVI, XVII, XVIII e XIX (Sobrino Buhigas)...Etc, etc..


Para saber mais: "LACLAVE DE CRISTÓBAL COLÓN, EL NOBLE GALLEGO QUE DESCUBRIÓ AMÉRICA" Un libro de Oeral Ediciones. Moi pronto tamén en serie documental de Oeral Ediciones SL


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario! Aparecerá en cuanto sea visto por el moderador.